O BNG de Oleiros e os grupos da oposición reúnense hoxe para abordar a polémica xurdida sobre o patrimonio do alcalde

Actualizado 04/08/2006 12:13:03 CET

A CORUÑA, 4 Ago. (EUROPA PRESS) -

O BNG de Oleiros e os grupos da oposición reuniranse hoxe para abordar a polémica xurdida sobre o patrimonio do alcalde solicitada polos últimos.

O BNG manifestou que "como forza democrática" está aberta ao dialogo coa sociedade, tanto con colectivos sociais, grupos politicos e cidadáns en particular. A única condición posta polos nacionalistas foi que se lle solicitara directamente e non a través dos medios de comunicación.

A reunión terá lugar ás 19:00 horas no Hotel Rías Altas de Santa Cristina e as condicións son que cada grupo designe a dúas persoas, que se reunirán a porta pechada.

Os representantes do BNG declararon que acudirán á reunión con vontade de dialogo pero sen ningún tipo de presión nin coacción previa senón coa intención de priorizar os intereses dos cidadáns por diante de intereses electoralistas e partidarios no talante dialogante que caracteriza ao seu grupo e de defensa da transparencia e da rexeneración democratica nas institucións públicas.

Os nacinalistas subliñaron ademáis o feito de que o BNG é o único grupo politico de Galicia que nunca protagonizou sucesos de sospeita en corruptelas nas institucións nas que ten responsabilidades de goberno.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies