A Casa de Rosalía acollerá o venres unha tertulia na que se analizarán as relacións entre a escritora e o teatro

 

A Casa de Rosalía acollerá o venres unha tertulia na que se analizarán as relacións entre a escritora e o teatro

Actualizado 15/02/2006 13:10:12 CET

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 15 Feb. (EUROPA PRESS) -

A Casa Museo de Rosalía de Castro, con sede en Padrón (A Coruña), acollerá este venres unha tertulia na que o escritor Miguel Anxo Fernán Vello e a actriz Laura Ponte analizarán as relacións entre a coñecida autora e o teatro.

A Fundación que leva o nome da autora de 'Cantares Gallegos' organiza a segunda edición da serie de tertulias 'Diálogos na Casa de Rosalía' que ao longo de sete meses reúne a vintecinco escritores e especialistas a redor da figura da escritora galega e dos distintos ámbitos da cultura galega.

Este venres, 19.30 na Casa Museo en Padrón, o escritor Miguel Anxo Fernán Vello e a actriz Laura Ponte analizarán as relacións entre Rosalía e o teatro nunha tertulia que se presenta co titulo 'Rosalía a escena', que xirará sobre a Rosalía actriz e as obras de teatro sobre a autora.

Os Diálogos, organizados pola Fundación Rosalía de Castro e coordinados por Ana María Blanco, desenvólvense no Auditorio a Casa Museo. Esta segunda edición das tertulias abordaron estes meses, desde distintas perspectivas, cuestións como a relación entre Rosalía e a Galicia do seu tempo, a influenza da obra da poeta na historia da literatura galega, a recepción da súa obra ou a súa relación co mundo da escena

Na segunda area que vai ter lugar entre os meses de marzo e xullo os Diálogos centraranse en cuestións como o ensaísmo galego, a cultura nos medios de comunicación, as relacións entre cine e literatura oua a literatura en Internet.

La actualidad más visitada en EuropaPress logo: La actualidad más vista
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies