A Cátedra de Galego da Universidade de Deusto recibe un premio polo seu labor de difusión da lingua e cultura

Actualizado 03/06/2006 18:00:50 CET

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 3 Jun. (EUROPA PRESS) -

A Irmandade de Centros Galegos de Euskadi elixiu á Cátedra de Galego da Universidade de Deusto para distinguila coa 'Anduriña de prata' polo seu labor de difusión da lingua e cultura galegas na antedita universidade e na sociedade vasca en xeral.

A cátedra, dirixida na actualidade por María Luz Suárez Castiñeira, naceu no ano 1992 en virtude dun convenio asinado entre a Xunta e a Universidade de Deusto o que permitiu desenvolver actividades para fomentar o coñecemento da lingua, literatura e cultura galega.

Así, no curso 1998-1999 o galego pasou a integrarse dentro do plano de estudos como materia de libre elección e dende a sú posta en marcha hai 14 anos preto de 2.000 alumnos recibiron clases de lingua e cultura galegas.

Na actualidade hai mariculadas 210 persoas y, ademais, a cátedra organiza cursos de galego abertos á sociedade en xeral, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

O acto de entrega deste galardón -o máis importante da Irmandade de Centros Galegos de Euskadi- terá lugar na Plaza del Kasko en Sestao (Biscaia) e estará presidido polo lehendakari do Goberno Vasco, Juan José Ibarretxe, e pola presidenta do Parlamento Vasco, Izaskun Bilbao. Asimesmo, tomarán parte numerosas persoas do ámbito político e cultural de Euskadi.