O CCG presentará hoxe en Santiago unha obra sobre as mulleres rurais, gañadora dun premio de investigación

 

O CCG presentará hoxe en Santiago unha obra sobre as mulleres rurais, gañadora dun premio de investigación

Actualizado 15/02/2006 10:28:00 CET

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 15 Feb. (EUROPA PRESS) -

O Consello da Cultura Galega (CCG) acollerá hoxe, ás sete do serán, a presentación da obra gañadora do IX Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo e titulada 'Labregas, Emigradas, Estraperlistas e Represaliadas. Experiencias de vida e lembranzas de mulleres na Galicia rural: 1900-1960', da que é autore Raúl Soutelo Vázquez.

O galardón, convocado polo Concello de Valga, distingue anualmente un traballo de investigación, de ámbito galego, dentro da especialidade da etnografía, paleografía, numismática, arqueoloxía e historia da arte.

No acto participarán o autor da obra premiada, Raúl Soutelo, Ramón Villares, director do Arquivo da Emigración Galega, e Pilar Cagiao, membro deste Arquivo e da Comisión Técnica de Xénero do Consello da Cultura Galega.

La actualidad más visitada en EuropaPress logo: La actualidad más vista
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies