Un cento de especialistas procedentes de 20 países asisten hoxe na USC ao congreso 'Urban changes in different scales'

Actualizado 31/07/2006 11:23:00 CET

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 31 Jul. (EUROPA PRESS) -

A Universidade de Santiago (USC) organiza o congreso 'Urban changes in different scales: systems and estructures' que se vai celebrar a partir de hoxe na Facultade de Xeografía e Historia de Compostela e no que está prevista a participación dun cento de especialistas procedentes de 20 países.

Este encontro forma parte das actividades que anualmente promove a Commision on Monitoring Cities of Tomorrow da Unión Xeográfica Internacional. Ademais, trátase da primeira vez que unha reunión destas características se celebra en España, logo de pasar por cidades como Tokio, Glasgow, Calgaria ou Pretoria, entre outros.

Coa participación dun cento de especialistas mundiais en planificación urbana procedentes de máis de 20 países, este congreso ten como obxectivo central xerar debate científico arredor de cinco eixos temáticos fundamentais no estudo da xeografía urbana.

Entre eles, destaca o caso das megacidades, a renovación das cidades históricas, novas intervencións urbanas, reinterpretación das áreas urbanas e turismo urbano. O congreso complétase cunha excursión científica de tres días de duración visitando, entre outras, as cidades de Lugo, Astorga, Guimaraes, Braga ou Porto, para coñecer de primera man a complexa realidade urbana do noroeste peninsular.

O respondable da organización deste encontro, Xosé Santos, sinalou que o congreso permitirá "abrir novas vías de análise" ao redor da cidade no tempo presente ou sobre a organización das áreas urbanas e metropolitanas e a súa planificación nos niveis supralocal ou rexional.