O Ciclo de Cantautores organizado por Mozas e Mozos de Bueu (Pontevedra) continúa mañá coa actuación de Lufus

Actualizado 13/04/2006 19:18:00 CET

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 13 Abr. (EUROPA PRESS) -

O Ciclo de Cantautores organizado pola Asociación Mozas e Mozos de Bueu (Pontevedra) continúa mañá co concerto do dúo Lufus, que actuará na Casa do Pobo de Beluso ás 21.00 horas, no marco desta iniciativa que prolongará ó longo de todo o mes de abril.

Así, os concertos de artistas galegos terán lugar cada venres na Casa do Pobo e o día 21 está prevista a actuación da banda viguesa 10+algo, e o venres 28, os cangueses De mal en peor pecharán o ciclo cun concerto na Casa do Pobo.

O custe da entrada consiste nun donativo de dous euros para adultos e de un euro para os nenos, que a Asociación Mozas e Mozos destina integramente a financiar activdades culturais.