O Concello de Santiago acorda a modificación do proxecto de urbanización das rúas Diego de Muros e Rodríguez Carracido

Actualizado 10/07/2006 18:51:00 CET

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 10 Jul. (EUROPA PRESS) -

O Concello de Santiago de Compostela, a través da súa Xunta de Goberno Local, acordou hoxe a modificación do proxecto de reurbanización das rúas Diego de Muros e Rodríguez Carracido, nos tramos non afectados polo aparcadoiro soterrado da Praza Roxa.

Con este cambio, o orzamento do proxecto queda en 449.589 euros e a empresa encargada do mesmo é Aquuagest SA, informou hoxe o Concello de Santiago.

Tamén en materia de obras, o Goberno local compostelá deu o visto bo ao inicio do expediente de contratación da redacción do proxecto de reurbanización da rúa Montero Ríos (tramo Rosalía de Castro-Doutor Teixeiro) e da reurbanización da rúa Doutor Teixeiro (tramo Montero Ríos-Praza Ponte Castro). Estas actuacións suporán un investimento de 127.739 euros.

A Xunta de Goberno Local acordou tamén hoxe a cesión á Xunta dunha parcela de aproximadamente 5.013 metros cadrados do SUNP-15 de Ponte Pereda-Conxo. Esta superficie destinarase á construción dun centro de formación ocupacional dedicado á área de novas tecnoloxías.

No capitulo social, na sesión de hoxe aprobouse o convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller e os concellos das comarcas de Santiago e A Barcala. Este protocolo establece a prestación integral do servizo de información ás mulleres da comarca, así como a promoción da igualdade de sexos. No caso de Compostela, o servizo prestará este servizo mediante o funcionamento permanente do Centro de Información ás Mulleres.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies