O Consello da Cultura homenaxea hoxe ó músico ferrolán José Arriola cunha conferencia e un concerto en Santiago

 

O Consello da Cultura homenaxea hoxe ó músico ferrolán José Arriola cunha conferencia e un concerto en Santiago

Actualizado 01/02/2006 10:31:10 CET

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 1 Feb. (EUROPA PRESS) -

A Sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega (CCG) celebra hoxe unha conferencia-concerto de lembranza do músico ferrolán José Arriola, coñecido coma Pepito Arriola, considerado polos expertos como unha das senlleiras figuras musicais da primeira metade do século XX.

Arriola chegou a ser pianista da corte do emperador Guillerme II e a ofrecer actuacións no Carnegie Hall e no Metropolitan, en Estados Unidos.

O acto, aberto ao público, comezará ás 19.30 horas cunha conferencia de Luís Mera Naveiras sobre a música e a intimidade da familia Arriola e, de seguido, celebrarase un concerto a cargo do pianista Julio Mourenza e do violonchelista Carlos García Amigo, que interpretarán as obras de Arriola 'Impresiones Argentinas', 'Hommage à Manuel de Falla' e 'Pequeña serenata para violonchelo y piano'.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies