O Consello de Goberno da Universidade da Coruña analizará mañá os seus programas de posgrao

Actualizado 25/01/2006 18:11:24 CET

A CORUÑA, 25 Ene. (EUROPA PRESS) -

O Consello de Goberno da Universidade da Coruña celebrará mañá xoves, día 26, unha xuntanza, na reitoría, na que tratará a proposta de programas oficias de posgrao da Universidade.

Ademáis, entre os temas que se estudarán están as medidas de xubilación voluntaria dos membros dos corpos docentes e a adhesión da Universidade da Coruña á Declaración de Berlín sobre acceso aberto ao coñecemento.

Na orde do día figura tamén a aprobación, se procede, dos regulamentos internos da Facultade de Socioloxía, da Escola Universitaria de Enfermería e Podoloxía e do departamento de Análise Económica e Administración de Empresas.