O Consello de Goberno da USC analizará o mércores os criterios e prazos para as propostas de Posgraos do curso 2007-2008

 

O Consello de Goberno da USC analizará o mércores os criterios e prazos para as propostas de Posgraos do curso 2007-2008

Actualizado 24/07/2006 18:21:10 CET

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 24 Jul. (EUROPA PRESS) -

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago (USC) reunirase o vindeiro mércores 26 para tratar, entre outros asuntos, os criterios e prazos para novas propostas de Programas Oficiais de Posgrao (POP) a implantar no curso 2007-2008, as modificacións de POP ou o calendario de Posgrao Oficial. A xuntanza comezará ás 9.00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.

Outros auntos incluídos na orde do día desta xuntanza son o expediente de incorporación de remanentes á Memoria Económica de 2005, a elección de membros da Comisión de Estudos de Posgrao, a modificación do regulamento e funcionamento do Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua da USC, a creación da Comisión para a Avaliación Europea da Facultade de Veterinaria ou prazas de profesorado.

A orde do día da xuntanza complétase cos puntos relativos ás prórrogas de comisións de servizo e de contratos, informe de cambios en estadías de visitantes, a aprobación de cursos de posgrao propios, a ratificación do Regulamento de Réxime Interno do Departamento de Organización de Empresas e Comercialización e convenios, entre outros. No transcurso desta mesma xuntanza do órgano colexiado da USC celebrarase unha Xunta Xeral de Unixest.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies