A Deputación da Coruña convoca os seus certames literarios para o ano 2006, dotados con 19.500 euros en premios

 

A Deputación da Coruña convoca os seus certames literarios para o ano 2006, dotados con 19.500 euros en premios

Actualizado 15/02/2006 17:51:41 CET

A CORUÑA, 15 Feb. (EUROPA PRESS) -

A Deputación da Coruña ven de convocar os certames "González Garcés" de poesía, "Raiña Lupa" de literatura infantil e "Manuel Murguía" de ensaio correspondentes á edición de 2006 e que suman premios por 19.500 euros.

O deputado responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña, Celestino Poza, presentou hoxe, na sede da institución provincial, as bases da convocatoria dos premios de poesía, de literatura infantil e xuvenil e de ensaio. No acto estivo acompañado polos responsables de coordinar estes galardóns, Xavier Seoane, Xavier Docampo e Carlos Pereira, respectivamente.

Os premios "Manuel Murguía" e "Raiña Lupa" alcanzan este ano a súa VI edición, mentres que o premio de poesía "Miguel González Garcés" chega xa á súa XII edición. Os tres galardóns están dotados con 6.500 euros de premio cada un, ademáis da publicación da obra gañadora por parte da Deputación da Coruña.

Celestino Poza salientou a "gran acollida" que teñen os tresgalardóns, para os que se reciben cada ano máis orixinais, así como a gran calidade dos traballos gañadores nas edicións anteriores e sinalou que o obxectivo das convocatorias será "estimular ós creadores galegos e fomentar a actividade cultural na provincia".

Poza destacou que o premio de ensaio "Manuel Murguía" vincularase este ano co centenario da Real Academia Galega, da que foi presidente o autor que da nome ao premio, e coa conmemoración do 70 aniversario da guerra civil española. Desde a Deputación da Coruña tratarase de fomentar a participación nesta convocatoria, distribuíndo as bases en centros universitarios de toda España.

Como actividade complementaria ao fallo do premio "Raiña Lupa", organizarase unha gran exposición na que se repasarán os 100 anos de literatura infantil e xuvenil en Galicia e o "González Garcés" contará entre as súas actividades paralelas, como xa é tradicional, con diversos recitais poéticos.

Os prazos de recepción das obras rematan o 15 de abril para o "González Garcés", o 16 de agosto para o "Raiña Lupa" e o 30 de setembro para o premio de ensaio "Manuel Murguía".

La actualidad más visitada en EuropaPress logo: La actualidad más vista
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies