Dolores Villarino reivindica a aportación da Xeración Nós á conformación da identidade de Galicia como pobo

 

Dolores Villarino reivindica a aportación da Xeración Nós á conformación da identidade de Galicia como pobo

Actualizado 30/06/2006 20:41:03 CET

Acorda con Fundación Otero Pedrayo colaborar para "facer país" e propiciar una Galicia "aberta, moderna e sen complexos"

OURENSE, 30 Jun. (EUROPA PRESS) -

A presidenta do Parlamento de Galicia, Dolores Villarino, salientou hoxe a aportación da Xeración Nós á construcción da identidade de Galicia e o importante traballo dos integrantes deste movementos do que tódolos galegos son "debedores", especialmente os deputados, que teñen neles os seus "precursores".

Tras unha xuntanza no Pazo de Trasalb (Ourense) na que participaron os membros da Mesa da Cámara e a Xunta de Goberno da Fundación Otero Pedrayo, Villarino anunciou tamén que ambas entidades colaborarán "para facer país" en favor dunha Galicia "aberta, moderna e sin complexos". Así, no encontro acordaron desenvolver liñas de actuación comúns ao tempo que a fundación se comprometeu a entregar propostas de colaboración nunha vindeira visita ao Pazo do Hórreo --sede do Lexislativo--.

Pola súa banda, o presidente da Fundación, Víctor F. Freixanes, reivindicou ao Parlamento coma "casa do diálogo". Así, a cita tivo lugar nunha xuntanza da Mesa do Parlamento de Galicia no Pazo de Trasalba, presidida pola propia Villarino, na que foi aprobada unha declaración institucional en recoñecemento da débeda coa Xeración Nós pola súa aportación á construcción da identidade do país e á europeaización de Galicia.

A declaración institucional recolle a importancia da aportación da Xeración Nós e do seu compromiso cos valores que o Parlamento de Galicia quere defender na conmemoración dos seus 25 anos, coma o consenso, o diálogo e a defensa da identidade cultural do país. Así, nesta declaración, a Cámara dá "testemuña da débeda coa Xeración Nós, coa súa obra de investigación histórica, literaria, etnográfica, antropolóxica e xeográfica".

De igual xeito, sinala que esta xeración foi un "encontro de identidades diversas" que traballaron a prol dunha Galicia moderna, con identidade propia, orgullosa dos seus orixes, da súa lingua e da súa cultura, ao tempo que alude ao Estatuto do 36 coma "facho co que se alumeou a constitución do noso Parlamento".

"Os galegos e galegas do século XXI botamos a andar nun camiño iniciado pola Xeración Nós, que conta entre os seus fitos a aprobación do Estatuto de Autonomía en decembro de 1980. O Parlamento de Galicia non debe esmorecer nunca o seu anceio por ser a casa do Diálogo", reza a declaración.

Ademais, a presidenta da Cámara e o responsable da Fundación Otero Pedrayo aproveitaron para descubrir unha placa conmemorativa dos 25 anos do lexíslativo autonómico co lema '25 anos do Parlamento de Galicia 1981-2006, diálogo. En agradecemento a Pedrayo e á Xeración Nós. O seu labor científico e as súas obras literarias son exemplo do diálogo comprometido duns homes coa súa terra', situada no Espazo do Diálogo da Fundación.

Xa pola tarde, o alcalde de Ourense, Manuel Cabezas, recibirá oficialmente na casa do concello, xunto coa corporación municipal, aos membros da Cámara, que continuarán cunha xuntanza destes cos voceiros dos grupos municipais.

Por último, terá lugar a inauguración dunha nova placa no consistorio co lema 'Diálogo, 25 anos do Parlamento de Galicia. Este concello comprométese co emprego do diálogo como ferramenta insustituíble para garantir a liberdade, a seguridade e a dignidade dos cidadáns'. A xornada rematará cunha recepción oficial ofrecida polo Parlamento de Galicia ás autoridades e sociedade ourensana, no Liceo de Ourense.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies