Educación destina uns 718.000 á adquisición de mobiliario, material deportivo, instrumentos musicais e equipos de son

Actualizado 24/07/2006 18:17:30 CET

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 24 Jul. (EUROPA PRESS) -

A consellería de Educación e Ordenación Universitaria saca a concurso a contratación da subministración de material deportivo, mobiliario de bibliotecas, comedores e aulas de informática, e instrumentos musicais e equipos de son, cun orzamento total de 718.532 euros.

Segundo publica hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG), a consellería investirá 242.475 euros na adquisición de material deportivo para os centros de ensinanzas dependentes desta Administración educativa.

Ademais, destinará un total de 244.850 euros á contratación do subministro de mobiliario de bibliotecas, comedores e aulas de informática para estes mesmos centros. Estes concursos están cofinanciados pola Unión Europea, con fondos procedentes do Feder (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional).

Outra das actuacións da consellería céntrase na dotación das aulas de música. Por este motivo, investirá 231.207 euros na adquisición de instrumentos musicais e equipos de son.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies