A escritora Paula Carballeira presentará mañán na Feira do Libro da Coruña a súa última obra "Smara"

Actualizado 04/08/2006 14:49:41 CET

A CORUÑA, 4 Ago. (EUROPA PRESS) -

A escritora Paula Carballeira presentará mañán na Feira do Libro da Coruña a súa última obra, "Smara" editada por Kalandraka, un relato ambientado no deserto do Sahara, no que a autora fai "unha aposta pola melancolía" e unha homenaxe á cultura lendaria do pobo saharaui.

O acto celebrarase a partir das 20.00 horas e consistirá nunha sesión de contos e música para tódolos públicos, que rematará cunha firma de libros da autora.

Paula Carballeira, filóloga, actriz e contacontos galega, ten publicados varios relatos destinados principalmente ao público infantil e xuvenil, entre os que destacan "Mateo" e "Paco", editados tamén por Kalandraka.

"Smara" destaca ademais pola proposta estética elaborada pola deseñadora Carole Hénaff. As ilustracións están elaboradas a base de técnicas como collage e acrílico sobre madeira, nas que a artista xoga coas texturas e a variedade cromática para reflectir o aspecto rústico dos pobos do deserto, inspirándose nas especias, nas teas e nas cerámicas típicas das 'wilayas'.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies