O espectáculo de monicreques 'Galiza Máxica' traerá as lendas populares galegas á Alameda de Santiago de Compostela

Actualizado 04/08/2006 12:35:30 CET

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 4 Ago. (EUROPA PRESS) -

O concelleiro de Cultura, Néstor Rego, presentou hoxe en Santiago o espectáculo de monicreques 'Galiza Máxica', creado por Marcelino de Santiago (Kukas), que pretende traer á Alameda de Compostela as lendas populares galegas.

En rolda de prensa, Néstor Rego subliñou que este mes é o "máis propicio" para a realización de espectáculos na rúa e para a participación da xente "xa que a maior parte está de vacacións". Asimesmo engadiu que a representación presentada hoxe está destinada "non só ós nenos", senón a "público de todalas idades".

Segundo Isabel Rei, unha das animadoras de monicreques, o espectáculo xirará en torno a lendas galegas e personaxes populares "moi sinxeras, para que as comprendan xentes de tódalas procedencias". Ademáis indicou que as actuacións se desenrolarán pola noite "porque é un espectáculo moi máxico".

O creador do acto, Marcelino de Santiago (Kukas), lamentou a "pérdida destas lendas que os maiores lembran e os nenos non coñecen" e recalcou que o seu obxectivo e "inculcarlle á poboación galega e foránea a nosa cultura". Kukas tamén quixo lembrar que é preciso atopar lugares alternativos onde realizar espectáculos, "non sempre na Praza da Quintana" e reclamou a potenciación de "sitios moi axeitados para iso como carballeiras, alamedas ou veigas".

A representación "Galiza Máxica", realizada íntegramente con monicreques de grande tamaño fabricados pola propia compañía, terá lugar os días 7, 8, 9, 16, 17, 21, 22 e 23 de agosto ás 22.45 no paseo da Alameda de Santiago no caso de que o tempo sexa favorable e trasladarase ó Teatro Principal se chove.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies