Expertos en educación audiovisual participarán o 11 de marzo en Santiago en un foro para analizar propostas curriculares

 

Expertos en educación audiovisual participarán o 11 de marzo en Santiago en un foro para analizar propostas curriculares

Actualizado 04/03/2006 18:06:53 CET

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 4 Mar. (EUROPA PRESS) -

O próximo sábado, 11 de marzo, Santiago acollerá unha reunión do Seminario de Expertos en Educación Audiovisual, un foro organizado polo Consorcio Audiovisual de Galicia que pretende consolidarse como un referente neste eido para todo o Estado. O equipo de traballo estará formado por investigadores e profesionais en materia audiovisual das distintas comunidades autónomas.

Segundo a organización, prevese que asistan entre outros expertos, Agustín García Mantilla, da Universidade Carlos III; Joan Ferrés, da Pompeu Fabra; Roberto Aparici, da UNED de Madrid; José Antonio Gabelas, da Universidade Oberta de Catalunya e Aurora Marquinay, do Departamento de Educación da Generalitat de Catalunya.

A Xunta informou hoxe de que esta reunión ten como obxectivo continuar as labores iniciadas o pasado mes de decembro coa celebración do I Encontro Internacional de Educación Audiovisual celebrado en Santiago. Así, os participantes do seminario que terá lugar o próximo sábado analizarán os resultados dos contactos establecidos entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Educación e Ciencia.

Trataranse tamén as propostas curriculares realizadas para as materias optativas na ESO e no Bacharelato e a situación dos contidos curriculares asociados coa Educación audiovisual nos plans de formación do profesorado e no eido universitario e estudiarase a convocatoria do II Encontro Internacional sobre Educación Audiovisual.

EDUCACIÓN EN COMUNICACIÓN

O pasado mes de decembro, tras o I Encontro Internacional sobre Educación Audiovisual, o seminario de expertos plantexou unha serie de demandas e necesidades. Desde este grupo de analistas, plantéxase a necesidade de desenvolver os contidos específicos relacionados coa educación en comunicación audiovisual e multimedia nas distintas etapas educativas.

Viuse ademais a posibilidade de crear a figura dun profesor responsable de comunicación audiovisual e multimedia en todos os centros educativos, coa misiva de fomentar a educación e comunicación audiovisual e de optimizar os procesos de ensino e aprendizaxe mediante a incorporación da comunicación audiovisual.

Asemade proponse a asignación dun espazo específico aos obxectivos e contidos sobre a educación para a comunicación audiovisual e multimedia na formación inicial do profesorado.

La actualidad más visitada en EuropaPress logo: La actualidad más vista
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies