O festival Música na Rúa reunirá este mes a 20 grupos de música tradicional galega en Santiago

Actualizado 04/08/2006 12:43:10 CET

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 4 Ago. (EUROPA PRESS) -

O concelleiro de Cultura, Néstor Rego, presentou onte en Santiago o festival 'Música na Rúa 06' que reunirá na súa terceira edición un total de 20 grupos de música tradicional galega.

Nunha rolda de prensa, Néstor Rego destacou que este festival naceu coa intención de "cubrir o baleiro cultural que hai en Santiago durante o mes de agosto" e de promocionar "as actividades que singularizan" ós galegos. Así, Mentres que os dous anteriores anos os concertos se concentraron na segunda semana de agosto, a afluencia de grupos este ano permitiu extender os actos ata o día 31 e se superará a media de 6 grupos que adoitou presentar en anteriores edicións.

O concelleiro destacou que este espectáculo "terá unha enorme acollida" entre o público de Santiago e os "numerosos turistas" que durante a época estival visitan a cidade e "facilitará" a promoción cultural galega xa que "a a música galega é unha carta de presentación magnífica".

Pola súa parte, Marcos Varela, un dos organizadores deste evento, subliñou a intención da súa asociación cultural de "recupera-las festas tradicionais" e de "achegar o espectáculo á xente da rúa e normalizar a música galega" para o que os espectáculos se realizarán na rúa, sen escenarios nin iluminación e "vestidos de xeito normal".

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies