'O heroe', de Manuel Rivas, represéntase mañá e o venres no Teatro Principal de Santiago de Compostela

Actualizado 01/02/2006 21:35:20 CET

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 1 Feb. (EUROPA PRESS) -

A primeira obra teatral do escritor galego Manuel Rivas, 'O heroe' chega a partir de mañá a Santiago de Compostela da man da compañía Sarabela, que a representará durante dous días.

Así, trala mostra de mañá, o grupo teatral repetirá o venres, en ambas ocasións a partir das 21.00 horas, cando o Teatro Principal da capital galega acollerá o espectáculo, dirixido por Ánxeles Cuña Bóveda.

A montaxe vén de ser seleccionada recentemente para o Festival Nacional de Directoras de España de Torrejón de Ardoz. As representacións de mañá e pasado corresponden á xira galega da primeira peza teatral de Manuel Rivas.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies