O Instituto de Estudos Políticos e Sociais convoca o VII Premio de Valores Cívicos e Morais "Suárez Ferrín"

Actualizado 02/02/2006 15:53:50 CET

A CORUÑA, 2 Feb. (EUROPA PRESS) -

O Instituto de Estudios Políticos e Sociais e a Deputación da Coruña presentaron hoxe, no organismo provincial, as bases do VII Premio de Valores Cívicos e Morais "Suárez Ferrín", no que o tema a desenolver será "Encontro de culturas: reto do futuro". O prazo de presentación de orixinais rematará o 31 de marzo.

O deputado responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña, Celestino Poza, o presidente da Fundación Instituto de Estudios Políticos e Sociais, Antonio Campos Romay, e o escritor e historiador Xoan Carlos Pereira explicaron hoxe as bases de este certamen.

O responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña, Celestino Poza, mostrouse convencido de que o tesón do Instituto de Estudos Políticos e Sociais, o Concello de Culleredo e a Deputación da Coruña na convocatoria anual deste galardón "está dando os seus froitos" e consolidando o que considerou "un espazo único para que os xóvenes podan expresarse sobre as distintas problemáticas que afectan á sociedade".

Pola súa banda, o presidente do Instituto de Estudios Políticos e Sociais, Antonio Campos, considerou que o tema proposto nesta VII edición do premio "está de plena actualidade". Lembrou tamén que o galardón pretende, ademáis dunha reflexión dos máis xóvenes sobre os valores cívicos e morais en relación con temas de actualidade, recuperar a memoria histórica de Alfredo Suárez Ferrín, derradeiro alcalde republicano da Coruña.

Os traballos presentados, deben ser realizados por autores menores de 30 anos, en lingua galega ou castelán, e deben ter unha extensión mínima de 8 folios e máxima de 15 , mecanografiados a doble espazo por unha soa cara. Os orixinais deben presentarse, baixo lema e por quintuplicado, na sede da Fundación de Estudios Políticos e Sociais ou na concellería de Cultura do Concello de Culleredo.

A dotación económica do premio é de 1.000 euros e diploma de honra, doado polo concello de Culleredo. A entrega do mesmo realizarase no mes de abril, coincidindo coa conmemoración das datas de proclamación da II República española. O xurado estará composto por persoas representativas do mundo das letras e presidido por Xavier Docampo.