Susana Seivane e o grupo 'La Leche' actuarán o día 16 na Fundación Luis Seoane

 

Susana Seivane e o grupo 'La Leche' actuarán o día 16 na Fundación Luis Seoane

Actualizado 11/05/2006 19:40:26 CET

A CORUÑA, 11 May. (EUROPA PRESS) -

A gaiteira Susana Seivane e o grupo coruñés 'La Leche' ofrecerán o vindeiro martes, día 16, na sede da Fundación Luis Seoane, unha actuación como parte dos actos previstos polo Concello da Coruña para conmemorar o Día das Letras Galegas.

Ambas actuacións teñen o denominador común de reelaborar a música e a tradición na composición galega, aínda que con enfoques e posta en escea diferentes.

A actuación de Susana Seivane terá lugar a partir das 20.30 horas e a do grupo coruñés 'La Leche' a partir das 22.30 no patio da Fundación Luis Seone.

La actualidad más visitada en EuropaPress logo: La actualidad más vista
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies