A localidade oleirense de Lorbé (A Coruña) celebrará o vindeiro domingo a XVI Festa do Mexillón

Actualizado 04/08/2006 15:26:22 CET

A CORUÑA, 4 Ago. (EUROPA PRESS) -

A localidade oleirense de Lorbé (A Coruña) celebrará o vindeiro domingo a XVI edición da Festa do Mexillón cun calendario de actividades no que destaca a relización de diversos eventos musicais e gastronómicos.

Así, a festa comezóu o xoves cunha gran sardiñada popular, acompañada de productos típicos da terra e hoxe tocalle o turno ó churrasco. Será a partires das 19:00 horas para dar paso á actuación do grupo América.

Para a fin de semana está programada unha sesión de alboradas que correrá a cargo do Grupo de Gaitas "A Marola", de Mera, encargada de percorrer dende ás 08:00 horas algunhas das principais rúas da localidade.

Logo da misa solemne haberá unha actuación do Coro e Rondalla da SRC Amigos de Lorbé. Pola tarde, celebrarase a tradicional procesión da Virxe do Carme, que será trasladada ata o porto onde se oficiará unha cerimonia relixiosa na súa honra. Pola noite, Superfama amenizará a velada poñendo punto e final ós actos da xornada.

Pero o día máis esperado será o domingo coa celebración da XVI Festa do mexillón, símbolo distintivo por excelencia desta localidade, dentro e fóra do termo municipal. A degustación gastronómica deste bivalvo dará comezo ás 18:00 horas e todos os que se acheguen ata alí poderán probar e comprobar as diferentes maneiras de elaborar e preparar tan exquisito manxar.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies