Máis de 200 adegueiros e restauradores asisten hoxe á entrega dos premios das catas do viño e da augardente de Galicia

 

Máis de 200 adegueiros e restauradores asisten hoxe á entrega dos premios das catas do viño e da augardente de Galicia

Actualizado 14/07/2006 12:06:43 CET

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 14 Jul. (EUROPA PRESS) -

Máis de douscentos adegueiros e restauradores asisten mañá á entrega de premios das catas do viño e da augardente de galicia. A Consellería do Medio Rural reúne hoxe no Balneario de Mondariz ao sector vitivinícola galego para dar a coñecer os mellores caldos do país.

Nun acto que estará presidido polo vicepresidente da Igualdade e do Benestar, Anxo Quintana, e polo conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, hoxe se farán públicos os nomes dos premiados na XVIII Cata dos Viños de Galicia e na VIII Cata das Augardentes de Galicia.

A esta entrega de premios asisten tamén os presidentes de todos os consellos reguladores dos viños e máis das augardentes e os licores tradicionais de Galicia. Todos eles presenciarán quenes son os premiados nesta edición da Cata dos Viños de Galicia, que contou este ano coa participación dun total de 211 viños, pertencentes a un total de 141 adegas. En canto ás aguardantes, os galardoados sairán de entre as 25 marcas que concurriron a concurso.

Na XVIII Cata dos Viños de Galicia concédense un total de 15 acios, cinco de ouro, cinco de prata e cinco de bronce. Os acios, denominación que se lle dá á escultura que identifica a Cata, recoñecen os mellores viños do Ribeiro, Valdeorras, Rías Baixas, Monterrei e Ribeira Sacra. Entréganse ademais, outras dúas distincións, ao Mellor Viño Branco Galego e o Mellor Viño Tinto Galego aos que concorren todas as denominacións.

Na VIII Cata dos Augardentes de Galicia a organización outorga 3 Potes, de ouro, prata e bronce, unha reprodución do aparello que tradicionalmente identifica a augardente galega, realizado en prata por un xoieiro artesán de Compostela.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies