A nai galega da Praza de Maio, Dionisia López, participa mañá no Simposio Internacional sobre a esquerda revolucionaria

Actualizado 11/05/2006 20:18:32 CET

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 11 May. (EUROPA PRESS) -

A nai galega da Praza de Maio, Dionisia López, iniciará mañá á segunda sesión do III Simposio Internacional 'Itinerarios políticos da esquerda revolucionaria en Arxentina e Uruguai. Golpes, ditaduras e exilios' que se celebra dende hoxe na Facultade de Filosofía (Praza de Mazarelos).

Dionisia López, natural de Cedeira e que en febreiro cumpriu 78 anos, é chamada "a galega da zona norte" porque reside na área de Tigre, nas aforas de Bos Aires. En 1952 emigrou a Arxentina levando consigo ao seu fillo de cinco meses, Adolfo Díaz López, que desapareceu en 1976 xunto coa súa nora, ambos os dous pertencentes ao Partido Revolucionario dos Traballadores.

Dende entón tense dedicado a loitar contra a impunidade e esclarecer as causas da desaparición do seu fillo. Na súa ponencia das 9.00 horas falará precisamente da loita pola memoria dos fillos desaparecidos.

O encontro, organizado polo Departamento de Historia Contemporánea e de América e do Centro Interdisciplinar de Estudos Americanistas 'Gumersindo Busto'da USC, inaugurouno hoxe xoves o profesor de Ciencia Política Xosé Luis Barreiro nunha xornada na que, ademais, participaron o director do xornal arxentino Buenos Aires Herald, Andrew Graham-Yooll, e Gonzalo Varela Petito, profesor da Universidade Autónoma Metropolitana en Ciudad de México.

A xornada da tarde comeza ás 16.00 horas coa charla de Julio Gavilán, ex militante de MLN-Tupamaros e ex preso político, a quen lle seguirá Pilar Caveiro, ex militante Montonera que foi presa política na ESMA, e Sara Méndez, nai do neno Simón secuestrado aos 20 días de idade e que foi recuperado logo dunha longa loita de 26 anos.

Logo da intervención de Dionisia López falará Sara Méndez do secuestro de nenos no Cono Sur. Méndez é a nai do tristemente famoso neno Simón secuestrado aos vinte días de idade e que foi recuperado logo dunha longa loita de 26 anos. Asemade, é coautora do libro 'Secuestro en la embajada: El caso de la maestra Elena Quintero' -que se presentará mañá ás 19.30 horas na Galería Sargadelos-.

Os exilios uruguaio e arxentino en España serán os temas a tratar a continuación, ás 11.30 horas, polos profesores da Universidade de Salamanca, Enrique Coraza de los Santos e Guillermo Mira Delli-Zotti, respectivamente. Pola súa banda, a investigadora do Instituto Mora de México, Silvia Dutrénit Bielous, falará das circunstancias do exilio rioplatense en América latina.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies