O novo calendario de vacinación para adultos xeneraliza unha vacina para a pneumonía para os que cumpren 65 anos

 

O novo calendario de vacinación para adultos xeneraliza unha vacina para a pneumonía para os que cumpren 65 anos

Contador
Publicado 11/07/2017 20:06:09CET

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 11 Jul. (EUROPA PRESS) -

A Xunta estableceu un novo calendario de vacinación para adultos no que se inclúe a vacina pnemocócica 'conxugada' para aquelas persoas que cumpran 65 anos --ata agora só era aconsellada para este colectivo--, ademais da que xa se oferta aos maiores desa idade e os grupos de risco.

Con esta ampliación na oferta de vacinas gratuítas preténdese complementar a vacinación que viña realizando sistematicamente desde o ano 2000 nos maiores de 65 anos, segundo sinalou a Xunta nun comunicado.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, apuntou este martes, en rolda de prensa, que Galicia "é unha das primeiras comunidades autónomas en regular mediante calendario a vacinación da poboación adulta".

Doutra banda, a Xunta advertiu que non é necesario acudir a vacinarse os primeiros días "xa que se disporá de todo o ano para facelo". A cita pódese pedir nos centros de saúde co mecanismo habitual.

A iniciativa ten como obxectivo chegar ao 60 por cento da poboación maior de 65 anos, o que se traduce en case 20.000 persoas desa idade. A estimación da redución de casos de pneumonía prevese así en ata 2.600, nun prazo de cinco anos.

La actualidad más visitada en EuropaPress logo: La actualidad más vista
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies