Os centros educativos galegos ofrecerán os filmes 'Heroína' e 'Pinocho 3000' para educar aos alumnos na convivencia

Actualizado 11/05/2006 16:21:02 CET

Política Lingüística suliña que non pon "nin un céntimo" para colaborar no certame de relatos que organiza Repsol

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 11 May. (EUROPA PRESS) -

Todos os colexios e institutos de Galicia recibirán un DVD dos filmes 'Heroína' e 'Pinocho 3000' para que con estas proxeccións en lingua galega contribúan á normalización lingüística, á alfabetización audiovisual e á educación para a convivencia nos valores democráticos dos alumnos.

Así o destacou hoxe o presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz, Manuel Dios, que na presentación das guías didácticas dos filmes estivo acompañado polo secretario xeral de Comunicación da Xunta, Fernando Salgado, e pola secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López.

Fernando Salgado suliñou que a comunidade escolar "ten que xogar un papel clave" na difusión do audiovisual galego porque "representa o futuro", de tal xeito que considerou "suxestiva e atractiva" a iniciativa presentada hoxe. Destacou ademais o grande éxito de programa 'Audiovisual nas aulas', no que se insire a elaboración destas dúas guías e a proxección dos filmes.

O obxectivo das guías é dotar ao profesorado e aos alumnos de recursos e ferramentas que permitan cumplir a triple función de promocionar o audiovisual, normalizar a lingua galega e formar na convivencia, como tamén destacou o secretario xeral de Comunicación do Executivo galego.

Pola súa banda, Marisol López recordou que o cine é "unha das industrias culturais con maior poder de difusión" e destacou a "importancia" do proxecto para contribuir á galeguización do ensino, un dos obxectivos prioritarios que se marca o seu departamento para contribuir á normalización lingüística.

CERTAME DE REPSOL

Consultada polas críticas da Mesa pola Normalización Lingüística á Secretaría Xeral de Política Lingüística polo seu apoio ao Certame de Relatos que organiza a compañía Repsol, Marisol López explicou que "nunca" resposta ás críticas da mesa, mais nesta ocasión fixo unha excepción para suliñar que o seu departamento "non pon nin un céntimo" para subvencionar o certame.

A secretaria xeral explicou que só apoian o premio "a nivel institucional", por considerar que é unha iniciativa "tremendamente interesante" para apoiar a promoción da lingua. Tamén avanzou que Política Lingüística nomeará un dos membros do xurado do certame e colaborará con Repsol "para que pouco a pouco use o galego en todo o seu ámbito empresarial".

Respecto ás críticas do PPdeG, que acusou ao seu departamento de non levar a cabo ningunha iniciativa para a defensa da lingua galega, Marisol López denunciou á súa vez que os populares, "en defensa do galego, votan en contra do seu uso no Parlamento europeo".

GUÍAS DIDÁCTICAS

As guías didácticas presentadas hoxe recollen una sinopse dos filmes, unha ficha técnica e un breve comentario, así coma unha unidade de traballo. 'Pinocho 3000' proxectarase nos colexios aos estudiantes máis novos. O filme, dirixido por Daniel Robichaud en 2002, é unha versión animada do conto clásico do italiano Carlo Collodi.

'Heroína', o filme escollido para os institutos, foi dirixida por Gerardo Herrero en 2004, e gañou o premio ao mellor director e ao mellor guión no Festival de Málaga. Interpretado por Adriana Ozores, basease na loita da galega Carmen Avendaño en contra das redes de narcotráfico.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies