O Parlamento de Galicia acollerá dende o martes a mostra 'Diálogo dende o invisible', con obras de oito artistas galegos

Actualizado 04/03/2006 14:10:51 CET

Villarino inaugurará a exposición, que se inclue dentro dos actos de celebración dos 25 anos da Cámara galega

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 4 Mar. (EUROPA PRESS) -

O Parlamento de Galicia acollerá a partir da vindeira semana varias obras de oito artistas galegos xóvenes e de pretixio fora da comunidade, dentro da exposición 'Diálogo dende o invisible', que será inaugurada o martes pola presidenta da Cámara galega, Dolores Villarino.

Esta mostra temporal, que estará no Pazo do Hórreo ata o 14 de xuño, forma parte dos 'Diálogos coa Arte', dentro dos actos de conmemoración dos 25 anos do Parlamento de Galicia que se celebrarán durante todo o ano 2006 baixo o lema xenérico do 'Diálogo'.

A exposición presentará o trabajo do ilustrador Federico Fernández, Premio Nacional de Ilustración en 2002, que actualmente vive e traballa en Vigo; o artista Jorge Rivera, que reside actualmente en Londres e que conta no seu currículo con exposicións nesta cidade, en California, Xapón, Chicago ou as principais cidades de España.

Tamén estarán obras das pintoras María Viñas, que colabora en proxectos nacionais e internacionais dende a súa residencia de Madrid; Marisa Torres, que desenvolve a súa carreira con exposicións en Nova Iorque, Corea, Suíza ou Dinamarca; e Natalia Díaz-Mella, viguesa especializada en pintura, deseño e audiovisual, que actualmente traballa en Madrid.

Tamén expoñerá o deseñador gráfico Pancho Lapeña, que dende Cangas (Pontevedra) colabora en proxectos internacionais; o debuxante vigués Fran Rodríguez, Nano 4814, que desenrola dende Vigo unha intensa actividade como ilustrador e grafiteiro; e a artista multimedia Sabela Dopazo, natural de Santiago de Compostela afincada en Valencia.

VISITAS

A presidenta da Cámara fixo un chamamento aos colectivos, asociacións culturais, xuvenís, centros de maiores ou centros de ensino para invitalos a visitar a exposición que se situará na Cámara autonómica durante os vindeiros tres meses, dentro da súa iniciativa por abrir as institucións á cidadanía e mellorar a calidade da democracia, facendo desta institución a sede de expresións culturais e artísticas que se desenvolven en Galicia.

A mostra forma parte da serie de iniciativas impulsadas pola presidenta do Parlamento de Galicia, Dolores Villarino, para conmemorar os 25 anos da Cámara "creando un nexo entre esta institución e a sociedade á que representa, e convertilo nunha auténtica fábrica de valores". O ciclo 'Diálogos coa arte' vertébrase en diversas, onde serán expostas medio cento de pezas ao longo de todo o ano, cumprimentadas con diferentes tipos de acccións artísticas dentro do Parlamento de Galicia. Esta primeira exposición resposta ao impulso de amosar todo o potencial dos artistas galegos descoñecidos dentro da nosa Comunidade Autónoma, así coma aqueloutro que permanece excluído dos circuítos artísticos habituais pero "subvive" malia todo e reclama o seu espazo.

A exposición reúne a un grupo de artistas unidos pola característica de seren galegos para promocionalos dentro da súa comunidade natal, pero que respostan a perfís moi variados. Dentro do amplo arco de técnicas e estilos propostos, atopamos autores que residen e traballan fora de Galicia, os que residen nesta Comunidade Autónoma, e artistas que sen moverse de Galicia desenrolan a súa actividade laboral principal no estranxeiro, debido ás dificultades de facelo dentro da súa terra.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies