O PPdeG pide a Pesca un informe sobre as perdas que orixinan as obras do Porto Exterior coruñés ao sector pesqueiro

 

O PPdeG pide a Pesca un informe sobre as perdas que orixinan as obras do Porto Exterior coruñés ao sector pesqueiro

Actualizado 27/01/2006 19:19:31 CET

A CORUÑA, 27 Ene. (EUROPA PRESS) -

A deputada do PPdeG no Parlamento galego Beatriz Mato reclamou hoxe á Consellería de Pesca a redacción dun informe sobre as perdas que as obras do Porto Exterior de A Coruña ocasionan aos percebeiros e representantes do sector de baixura que faenaban nesta zona.

Beatriz Mato, xunto co voceiro da Comisión de Pesca no Parlamento galego, José Manuel Balseiro, mantivo hoxe, na sede da Confraría da Coruña, unha xuntanza coa patroa maior, representantes dos mariscadores, percebeiros e de baixura do porto coruñés.

Entre outros temas, na xuntanza se abordou a situación dos 200 afectados polas obras de contrucción do porto de Punta Langosteira. Beatriz Mato criticou, en declaracións aos xornalistas, que a Consellería de Pesca non contestase aínda ao informe que o sector lle presentou sobre as perdas económicas.

Cualificou tamén de "palabras vacías" as promesas da conselleira de Pesca, Carmen Gallego, en relación coa situación dos afectados. Aínda que recoñeceu que a Xunta non ten capacidade para pagar as indemnizacións por ser unhas obras nas que a titularidade corresponde á Autoridade Portuaria de A Coruña, asegurou que á Administración autonómica lle compete a evaluación das perdas.

Na xuntanza, abordouse tamén os problemas da Ría do Burgo, a situación das instalacións da baixura no porto de Oza e os plans de recuperación do polvo. En relación coa Ría do Burgo, Mato demandou medidas para acabar co furtivismo e tamén incidiu na necesidade dun plan de recuperación integral.

Os representantes populares explicaron aos responsables do sector que as consecuencias do furtivismo no marisqueo na ría coruñesa serán obxecto de debate na Comisión de Pesca do Parlamento de Galicia. O PPdeG esixirá que a Consellería de Pesca explique os medios destinados pola Administración autonómica á protección e loita contra o furtivismo.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies