PSOE, BNG e a Marea de Noia denuncian os "chistes machistas" do alcalde durante un acto polo Día da Muller

 

PSOE, BNG e a Marea de Noia denuncian os "chistes machistas" do alcalde durante un acto polo Día da Muller

Publicado 09/03/2017 14:33:31CET

   Os nacionalistas piden explicacións a Feijóo polo ocorrido

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 9 Mar. (EUROPA PRESS) -

   PSOE, BNG e a Marea Cidadá de Noia denunciaron este xoves os "chistes machistas" pronunciados polo alcalde deste municipio, o popular Santiago Freire, durante un discurso ofrecido con motivo do Día Internacional da Muller.

   Nun comunicado conxunto remitido aos medios, as tres formacións políticas fanse eco das frases pronunciadas polo rexedor nun acto celebrado o mércores no Coliseo Nela en homenaxe á traxectoria dunha traballadora.

   E é que nun fragmento da súa intervención colgada nas redes, pódese escoitar a Santiago Freire pronunciando varios chistes machistas. Así, asegura que "a muller é capaz de sangrar sen cortarse", "a muller é capaz de dar a luz sen corrente" e "a muller é capaz de tocar as narices sen achegarse".

   Ademais, continua o seu discurso sinalando que "son moitas as dificultades fisiológicas que teñen con respecto ao home" e que, en ocasións, "fan que ese traballo que teñen que facer de forza física se lle complique".

   Respecto diso, PSOE, BNG e Mareá Cidadá de Noia consideraron que estas afirmacións "non se poden tolerar por parte dun cargo institucional, ao que se lle presume unha exemplaridade na erradicación do machismo no que está sumida a sociedade actual". Por iso, o tres formacións prevén manter o venres unha reunión para decidir as accións que levarán a cabo ante a "gravidade" do ocorrido.

EXPLICACIÓNS A FEIJÓO

   Ademais, noutro comunicado remitido aos medios, o Bloque esixiu ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, explicacións sobre as afirmacións do rexedor de Noia.

   En concreto, pregunta ao máximo mandatario autonómico "se o feminismo sen etiquetas do que presume é compatible cos chistes peyorativos sobre as mulleres proferidos polo rexedor case ao mesmo tempo" que Feijóo "defendía na sesión de control da Cámara o compromiso do PP na loita contra a desigualdade".

La actualidad más visitada en EuropaPress logo: La actualidad más vista
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies