A RAG inaugura mañá os actos do seu centenario coa presentación do primeiro número da colección Letras da Academia

 

A RAG inaugura mañá os actos do seu centenario coa presentación do primeiro número da colección Letras da Academia

Actualizado 01/02/2006 12:58:50 CET

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 1 Feb. (EUROPA PRESS) -

O salón de actos da Real Academia Galega (RAG) acolle mañá a partir das 19.00 horas o acto solemene polo que se inaugurará o centenario da institución, que comezará coa presentación do primeiro número da colección Letras da Academia, Os Eoas, de Eduardo Pondal.

A presentación desta publicación, edición de Manuel Ferreiro e estudos de Manuel Forcadela e Xosé Ramón Pena, publicado por Sotelo Blanco Edicións, estará presidida pola conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo.

Ademais, contará coa intervención do presidente da Real Academia, Xosé Ramón Barreiro Fernández, e dos tamén académidos Xosé Luís Méndez Ferrín, Xesús Alonso Montero, Manuel Ferreiro Fernández, Manuel Forcadela, Xosé Ramón Pena e Olegario Sotelo Blanco.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies