A rede galega de teatros e auditorios programa ata finais de xuño case 4000 funcións de teatro, danza, música e maxia

 

A rede galega de teatros e auditorios programa ata finais de xuño case 4000 funcións de teatro, danza, música e maxia

Actualizado 27/01/2006 19:08:43 CET

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 27 Ene. (EUROPA PRESS) -

A rede galega de teatros e auditorios ofrecerá durante o primeiro semestre de 2006 un total de 399 novas funcións escénicas e musicais nas que participarán 71 formacións artísticas de carácter profesional.

Este circuíto, que promove a Consellería de Cultura a través do Instituto Galego das Artes Escéncias e Musicais -IGAEM-, inicia o ano co 45 concellos e entidades asociadas e co obxectivo de remodelarse a través dos traballos da Comisión Técncia de Reforma, formada por administracións, salas de exhibición e colectivos artísticos do sector escénico-musical.

Nun comunicado, Cultura suliñou que neste primeiro semestre actuarán en Galicia 51 compañías teatrais que levarán a cabo 368 representacións. Tamén actuarán 13 grupos musicais que interpretarán 15 recitais, un grupo de danza e seis de maxia.

La actualidad más visitada en EuropaPress logo: La actualidad más vista
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies