Renfe repartirá mañá 10.000 exemplares dun relato de Teresa Moure, coincidindo coa Festividade de Santiago

 

Renfe repartirá mañá 10.000 exemplares dun relato de Teresa Moure, coincidindo coa Festividade de Santiago

Actualizado 24/07/2006 18:50:13 CET

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 24 Jul. (EUROPA PRESS) -

Renfe repartirá mañá, coincidindo coa Festividade de Santiago, 10.000 exemplares dun relato en galego da autora Teresa Moure, editados pola Editorial Biblos e a Consellería de Cultura. A edición foi de 350.000 copias, en forma de díptico, que ten por obxectivo animar á lectura.

Esta iniciativa enmárcase na estratexia de Responsabilidade Social de Renfe, que lleva o título xenérico de 'Un tren de valores'. A estratexia basease en catro compromisos: coa cultura, coa sociedade, coa sostenibilidade e o ético.

Teresa Moure é doutora en Lingüística Xeral e profesora na Universidade de Santiago de Compostela. E unha das autoras en galego máis premiada no transcurso do último ano. O relato que mañá se distribuirá nos trens de Renfe de Media e Longa Distancia titúlase 'Presentimiento' e conta unha historia de amor.

O pasado Día das Letras Galegas, coa colaboración de 34 concellos, Biblos e a Consellería de Cultura da Xunta distribuiron tamén 44.000 exemplares dun conto de Fernández Naval.

En canto ao reparto de libros en trens de Renfe, esta non é a primeira vez que se leva a cabo. O pasado mes de novembro o tren 'Estrella de Galicia', que circula desde A Coruña e Vigo ata Barcelona, acolleu a presentación do libro de relatos 'E agora pasa un tren', do que se repartiron 1.000 exemplares.

Ao longo dos últimos anos Renfe tivo unha presenza constante no panorama cultural galego, a través da edición de libros en galego, a montaxe de exposicións en estacións, como a dedicada a Castelao, o patrocinio de premios literarios (Arzobispo Juan de San Clemente) ou actuacións teatrais ou musicais en estacións, como ocurriu durante o último ano Xacobeo. Renfe tamén colabora en iniciativas dirixidas a nenos e escolares como 'O Tren da Lingua' ou 'O Tren da Ledicia'.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies