Santiago acolle desde hoxe unha mostra promovida pola ONU para dar a coñecer os obxectivos do Milenio

Actualizado 25/01/2006 16:47:21 CET

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 25 Ene. (EUROPA PRESS) -

Cruz Vermella e Unicef, coa colaboración do Concello de Santiago e do Centro Comercial Área Central, organizan a exposición 'As portas do Milenio', que se inaugurou hoxe no devandito espazo comercial da capital galega para dar a coñecer á cidadanía, e especialmente aos escolares, os Obxetivos do Milenio.

A mostra foi inaugurada este mediodá polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e pola concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, no Centro Comercial Área Central. No acto, que contou coa presencia de perto de 50 alumnos das Fontiñas, o alcalde destacou os valores solidarios que difunde 'As portas do Milenio'

Deste xeito, Santiago de Compostela é a única cidade de Galicia que recibe a exposición, incluída na campaña mundial desenvolta polas Nacións Unidas. Esta iniciativa xa pasou por cidades italianas como Milán, Peruggia e Roma, mentras que en España poido ser visitada no Forum de Barcelona e nas cidades Sevilla, Albacete, Madrid, Salamanca, Córdoba, Zaragoza e Bilbao.

'As portas do Milenio' mostra consta de 16 esculturas que debuxan oito arcos e cada unha simboliza a un neno con grandes pés ancorados nos problemas do mundo, un corarón latexando con mensaxes de solidariedade e unha cabeza que, en forma de engrenaxe pensante, analiza de maneira intelixente como resolver os problemas do mundo.

A exposición estará instalada no Centro Comercial Área Central ata o 18 de febreiro. De luns a venres, en horario de 10.00 a 13.00 horas, están programadas a actividades didácticas para os escolares de terceiro ciclo de primaria e primeiro ciclo de ESO.