Santiago acollerá o venres e o sábado unhas xornadas nas que varios expertos analizarán a lingua e a literatura galega

Actualizado 10/05/2006 19:47:12 CET

A iniciativa 'Correlingua 2006' comezou hoxe na capital galega coa participación de centos de rapaces que correron a prol da lingua

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 10 May. (EUROPA PRESS) -

Máis de 20 escritores, críticos literarios, profesores, investigadores e especialistas na materia participarán o venres e o sábado en Santiago las XVI Xornadas de Lingua e Literatura, que están organizadas por CIG-Ensino e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG).

A Facultade de Ciencias da Educación de Santiago acollerá durante dous días uns 17 seminarios, conferencias e debates sobre lingua, literatura e sociolingüística. Segundo os organizadores, esta iniciativa tragta de combinar a exposición das ideas innovadoras que se producen no ensino con intervencións de carácter máis informativo ou teórico.

Segundo CIG-Ensino e AS-PG, o obxectivo das xornaas é "a actualización e formación do profesorado no campo das letras, profundizar na galeguización do ensino e coñecer as últimas investigaciósnn, traballos e estudos, así como propostas prácticas, para aplicar nas aulas". Este evento é tamén un lugar de encontro entre o profesorado de Lingua e Literatura e os escritores, xa que poderán coñecer as últimas novidades editoriais.

Este ano, no marco das XVI Xornadas de Lingua e Literatura, está prevista a participación de Dolores Vilavedra e Xesús Ambade, que farán unha semblanza de Xosé Neira Vilas, quen tamén estará presente neste encontro. Tamén se dsenvolverá un seminario adicado á análise de Manuel Lugrís Freire, autor ao que este ano se lle adica a celebración do 'Día das Letras Galegas'.

Tamén están previstos diversos seminarios que abordarán cuestións "de actualidade" como propostas para un novo tratamento da ortografía nas aulas, a relación entre literatura e cinema galego, a lingua e a literatura na diversificación curricular e os comentarios de texto literario, lingüístico e filolóxico. Asemade, un ano máis, está prevista a presentación da Revista Glega de Filoloxía.

A actividade do venres terá como colofón a posibilidade de asistir á representación da obra teatral 'A farsa de Bulublú', de Manuel María, polo grupo Teatro do Morcego; mentras que o sábado terá lugar a actuación musical de Miro Casavella.

CORRELINGUA

Por outra banda, centos de rapaces reuníronse, primeiro na Praza da Quintana e logo na Praza do Obradoiro, nunha nova edición de Correlingua, a carreira que en prol do idioma se convoca cada ano en distintos puntos da xeografía galega.

As entidades organizadoras desta iniciativa son CIG-Ensino, a Mesa pola Normalización Lingüística e a AS-PG, que contan co apoio de varios departamentos da Xunta de Galicia e de varios concellos, entre eles, o de Santiago de Compostela.

Precisamente, a capital galega foi a cidade escollida para abrir hoxe este programa de carreiras a prol da lingua galega que rematarán no 24 de maio en A Coruña. Polo medio, tamén haberá carreiras en Fene (día 11), A mariña (día 12), Lugo (día 15), Ourense (día 16); Baixo Miño (día 18); Vigo (día 19); Pontevedra (día 22); e O Salnés (23 de maio).

Na saída da carreira na capital galega estiveron os concelleiro composteláns de Cultura, Néstor Rego; de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos; e do concelleiro de Política Lingüística, Manuel Portas. Os participantes remataron o seu percorrido polas rúas da cidade na Praza do Obradoiro, onde se celebrou un acto coa participación do espectáculo do Xabarín.

Os rapaces acudiron a esta cita portando pancartas e camisetas con lemas ou mensaxes relativos ao idioma e amenizaron a carreira cos seus cánticos. Os máis creativos tiveron premio.

Correlingua é a denominación que adoptaron de maneira común as diversas carreiras en prol do idioma que se convocan en Galicia. Trátase dunha proposta de carácter lúdico e educativo que pretende convidar a mocidade e os centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies