Senén Barro presidirá o mércores o acto de entre dos V Premios á Innovación Educativa na Universidade 2005

Actualizado 24/07/2006 18:30:51 CET

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 24 Jul. (EUROPA PRESS) -

O reitor da Universidade de Santiago (USC), Senén Barro, presidirá o vindeiro mércores 26 o acto de entrega dos V Premios á Innovación Educativa na Universidade na súa edición de 2005.

O acto celebrarase no Salón de Graos do Colexio de San Xerome a partir das 13.30 horas e contará coa presenza da vicerreitora de Calidade e Planificación, Mª Paz García Rubio, así como dos membros do xurado encargados de avaliar os traballos presentados a concurso.

Esta convocatoria ten como finalidade fomentar a innovación educativa no ensino superior para dar pulo aos procesos de mellora do ensino-aprendizaxe nos centros e departamentos da Universidade de Santiago, e contribuír á colaboración institucional na construción do espazo europeo de ensino superior, tendo como referencia os principios fundamentais expresados na Declaración de Bolonia de 1998.

O xurado encargado da valoración dos traballos presentados a esta convocatoria estivo integrado polos profesores Miguel A. Santos Rego, Celso Rodríguez, Mercedes Brea, Francisco Fraga, Antonio Blanco e Felicidad Barreiro Fernández.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies