O Sergas proporá a María del Rosario Vázquez López como nova xerente da Fundación Pública Hospital da Barbanza

Actualizado 15/02/2006 19:04:10 CET

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 15 Feb. (EUROPA PRESS) -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) proporá a María del Rosario Vázquez López como nova xerente da Fundación Pública Hospital da Barbanza.

Vázquez López é licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) no ano 1986 e Axudante Técnico Sanitario dende 1984. Ademais, foi responsable de docencia de Enfermería no Hospital Clínico de Santiago de Compostela de 1988 a 1990.

Na actualidade, María del Rosario Vázquez López, é médico de Atención Primaria no Ambulatorio Concepción Arenal de Santiago de Compostela, no que traballa dende 1995.

Vázquez López completou a súa formación na Universidade de Santiago cun Máster en Medicina natural e homeopatía no Departamento de Fisioloxía da USC no ano 2001.

Tamén cursou monográficos de doutoramento no Departamento de Saúde Pública, de xestión hospitalaria, intervención preventiva en saúde pública, ou patoloxía psiquiátrica en atención primaria, entre outros.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies