'Vai de Camiño' chega hoxe a 11 vilas galegas coas actuacións de Berrogüeto, Cristina Pato ou Mercedes Peón

Actualizado 04/08/2006 12:03:51 CET

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 4 Ago. (EUROPA PRESS) -

O programa 'Vai de Camiño' acercará dende hoxe e ata o domingo as súas actividades a 11 concellos galegos, entre os que se atopan A Fonsagrada e Mondoñedo (Lugo) e Boqueixón, Begonte ou Cabanas (A Coruña), onde actuarán Berrogüeto, Cristina Pato, Quempallou, Uxía ou Mercedes Peón, entre outros.

'Vai de Camiño', é unha iniciativa da Consellería de Innovación, e enmarcase nas accións de dinamización e proxección turístico-cultural das diferentes rutas que integran os Camiños de Santiago. Nesta primeira edición as actuacións chegaran a un total de 80 vilas galegas.

A programación deste ano abrangue desde a música tradicional ao folk, pop-rock ou jazz, ademáis doutros espectáculos para todos os públicos como representacións teatrais, maxia ou animación na rúa. Todas as actividades estarán a cargo de artistas galegos, coa intención de promover a súa actividade profesional.

Dende que 'Vai de Camiño' comezou a pasada fin de semana con "éxito de público" nos diferentes espectáculos, con máis de 5.000 espectadores, segundo sinalaron dende a Dirección Xeral de Turismo. O espectáculo con maior presencia de público foi a representación de 'Moby Dick' en Laza.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies