A TVG ofrecerá o vindeiro domingo en directo a tradicional Entrega de Despachos desde a Escola Naval de Marín

Actualizado 14/07/2006 22:43:20 CET

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 14 Jul. (EUROPA PRESS) -

A Televisión de Galicia (TVG) retransmitirá o vindeiro domingo en directo os actos da Entrega de Despachos aos novos oficiais da mariña española, que estará presidido polas Súas Maxestades os Reis, acompañados doutras autoridades militares e civís.

Ademais, a TVG pecha hoxe o despregue informativo que levou a cabo nestes últimos días para ofrecer en directo a visita oficial dos Reis de España a Galicia e, polo que respecta ó acto do domingo, a partir das 11.30 horas e dentro do espazo 'A Revista Fin de Semana', varios equipos da TVG conectarán desde a Escola Naval de Marín para ofrecer o acto, que estará comentado pola xornalista Maite Teijido.

A maiores, ao longo da xornada, a información do desenvolvemento do acto completarase nos distintos 'Telexornais' da canle autonómica que, nesta última xornada en Marín pecha, tras tres días, a axenda dos monarcas na comunidade.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies