A Universidade de Santiago distribúe hoxe 250.000 exemplares dun novo número do seu boletín informativo

 

A Universidade de Santiago distribúe hoxe 250.000 exemplares dun novo número do seu boletín informativo

Actualizado 22/06/2006 11:59:10 CET

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 22 Jun. (EUROPA PRESS) -

A Universidade de Santiago (USC) distribúe hoxe cos xornais galegos 250.000 exemplares dunha nova publicación períodica con información de interese sobre a institución docente que se orienta cara ao público estudantil. En concreto, dase conta das características da institución académica, así como dos servizos que oferta, con especial atención a cuestións de actualidade relacionadas co ensino superior.

Segundo a USC, a publicación resposta á necesidade que as universidades teñen de "conseguir ser vistas como queremos que se nos vexa". Esta edición permite amosar os elementos diferenciais da USC, "unha institución para estudar, pero tamén para vivir". Nesta mesma dirección, a institución universitaria avoga por seguir mantendo unha actitude de proxección da actividade universitaria cara ao exterior.

Así, o boletín abre as súas páxinas co inicio o vindeiro curso dos Programas Oficiais de Posgrao ou a expedición do Suplemento Europeo ao Título, xa que a USC se converteu na primeira universidade española que tramita este documento complementario ao título universitario.

Nas páxinas interiores desta publicación, o lector atopará a oferta académica da USC tanto para o Campus de Santiago como para o de Lugo, méritos destacados de estudantes e titulados pola institución compostelá ou os datos máis salientables das convocatorias de mobilidade estudiantil así como outras axudas xestionadas pola USC.

Os programas de prácticas promovidos pola propia universidade e o fomento do emprendemento son, xunto á relación de posgraos propios e doutoramentos e servizos, outros contidos que se ofrecen neste novo número.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies