A USC ofrece unha relectura da obra de Goya e Dalí nunha exposición de gravados e estampas dende o venres ao 5 de marzo

Actualizado 01/02/2006 19:37:42 CET

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 1 Feb. (EUROPA PRESS) -

Gravados e estampas de Goya e Dalí creados con máis de 170 anos de diferencia exporanse a partir deste venres día 3, e ata o 5 de marzo, na Igrexa da Universidade de Santiago (USC) nunha mostra na que se propón unha "relectura comprensiva" dos dous grandes xenios plásticos da arte española.

A mostra 'Goya e Dalí', que se inaugurará o venres ás 12.00 horas, inclúe gravados que Goya realizou para os seus 'Sueños', e que serviron posteriormente base dos seus 'Caprichos', en conxunto coas correspondentes estampas que Dalí executou entre 1973 e 1977 sobre as planchas destes.

Ademais, na exposición poderanse contemplar aquelas variantes que Goya realizou sobre a súa propia obra, retocando, matizando e enriquecendo a súa lectura.

Trátase dunha produción da Fundación-Museo de Artes del Grabado a la Estampa Digital en colaboración coa Deputación de A Coruña, a Concellería de Cultura e Deporte e a USC. A mostra permanecerá aberta de martes a domingo ata o 5 de marzo.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies