Villarino clausura mañá en Vigo as Xornadas de Consellos Sociais das Universidades Españolas

Actualizado 11/05/2006 20:12:41 CET

VIGO, 11 May. (EUROPA PRESS) -

A presidenta do Parlamento de Galicia, Dolores Villarino, será a encargada de clausurar mañá no Edificio Miralles do Campus de Vigo as Xornadas de Consellos Sociais das universidades españolas, nun acto no que destacará o papel destas entidades coma "ponte entre a sociedade e a universidade".

Segundo informou o Parlamento nun comunicado, a presidenta da Cámara tamén afondará na "responsbaildiades de conectar a actividades académica e a empresarial" que teñen os consellos sociais.

A presidenta da Cámara autonómica intervirá no acto de clausura antes do acto de entrega ao rector da Universidade de Vigo, Domingo Docampo, da Primeira Medalla da Conferencia dos Consellos Sociais das Universidades Españolas.

Ao acto de clausura da xornada, organizada polo Consello Social da Universidade de Vigo, tamén asistirán a alcaldesa do Concello de Vigo, Corina Porro; o presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, Emilio Atrio; o presidente da Conferencia de Consellos Sociais de España, José María Fluxá; o rector da Universidade de Vigo, Domingo Docampo; e o director xeral de Ordenación do Sistema Universitario de Galicia, José Ramón Leis.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies