LUGO, 16 Nov. (EUROPA PRESS) -
O vicesecretario xeral do PSOE e candidato por Lugo, José Blanco, xustificou ante un grupo de pensionistas que se aumentase a 67 anos a idade para acollerse á xubilación porque "se vive máis tempo".
"Vívese máis tempo porque as condicións que se xeraron, de atención sanitaria ou de axuda á xente a través da Lei de Dependencia, que non apoiou o PP, posibilita que teñamos máis anos de esperanza de vida", argumentou, nun acto na cidade de Lugo, o tamén ministro de Fomento e voceiro do Goberno.
Ao respecto, proseguiu que "se hai máis esperanza de vida, hai que pagar as pensións máis tempo e, para poder pagala máis tempo, hai que recadar un poquito máis durante un tempo". "É lóxico que a xente se xubile máis tarde se quere ter durante máis tempo unha pensión", aduciu durante a súa intervención no acto electoral.
José Blanco razoou que a ampliación do prazo para cotizar e poder acollerse a xubilación se concibiu "para garantir as pensións do presente, pero sobre todo para garantir as pensións do futuro".
Así mesmo, tamén apelou a que foi con gobernos socialistas cos que as pensións mínimas se viron incrementadas e o seu aprobou unha lei como a de Dependencia, da cal reprobou que non tivo o apoio do PP, "ao igual que outras que significaron un recoñecemento de dereitos", engadiu.
REPROCHES Á XUNTA
Acerca da aplicación da Lei de Dependencia, Blanco concretou que no Estado española "hai 700.000 persoas que teñen recoñecida a axuda". "E esperamos que haxa máis", apostilou.
Pola súa banda, en Galicia precisou que hai "33.000 persoas que teñen recoñecida a axuda", pero alertou de que "50.000 persoas están en lista de espera para poder ter esa axuda", unha circunstancia que atribuíu á "renuncia do Goberno da Xunta de Galicia".