Abascal acusa a Feijóo de "ególatra" e advirte que "vixiará" que se garanta a liberdade en Galicia

O presidente de Vox, Santiago Abascal, participa nun mitin do partido, na Praza Ángel Fernández Gómez de Lugo,
Carlos Castro - Europa Press
Publicado: viernes, 3 julio 2020 22:42

Máis de 600 persoas protestaron contra o fascismo, nunha mobilización paralela que se desenvolvo de forma pacífica

LUGO, 3 Jul. (EUROPA PRESS) -

O líder de Vox, Santiago Abascal, iniciou este venres o seu percorrido pola comunidade galega, nun acto en Lugo no que censurou o carácter "ególatra" de Alberto Núñez Feijóo e con forte presenza policial debido á protesta de máis de 600 persoas que se congregaron en contra do fascismo e a formación de ultradereita, que se desenvolveu de forma pacífica.

O acto estivo marcado pola réplica e a resposta entre ambas as partes, con algún bote de fume e insulto desde a protesta e o himno de España como réplica da ultradereita. De feito, os participantes no mitin fixeron numerosas alusións aos manifestantes durante as súas diversas quendas de palabra.

A primeira en comparecer foi a cabeza de lista por Lugo, ás eleccións autonómicas do 12 de xullo, Sonia Teijeiro, que deu as grazas "aos 16 valentes que conforman a lista do seu partido" debido ao "grao de acoso e difamación" realizado desde "grupos radicais", resaltou Teijeiro. Mentres falaba a candidata de Vox, o bela ciao soaba por parte dos manifestantes na Praza do Campo Castelo, que afirmaba que "Lugo será a tumba do fascismo".

Teijeiro dixo que desde Vox comparten o "soño" dunha "Galicia libre", de "galegos iguais e sen imposicións do separatismo", concluíu, antes de pasarlle a palabra a Jorge Buxadé, parlamentario europeo de Vox. Buxadé fixo a súa aparición falando para "o coro que acompaña na campaña", referíndose aos manifestantes. "Non vos preocupeis" ,dixo, porque despois "Santiago Abascal daravos o que vos merecedes".

O parlamentario europeo pediu coherencia ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo "porque Vox di o mesmo en Galicia" que en "calquera outro lugar" e iso non o fai, segundo Buxadé, "o Partido Popular". "O galeguismo é o nacionalismo encuberto de Feijoo", finalizou o representante da formación verde.

Con berros de 'fascismo nunca maís" e "españolitos, españolitos' apareceu Santiago Abascal, contraponeindo á "a boa xente, os patriotas" á "a chusma totalitaria". Os berros de "fóra, fóra" fixéronse máis ostensibles, pero o líder de Vox foi a máis. "Estamos en Lugo porque é a nosa patria, a nosa terra", sinalou Abascal, mentres exclamou: "deixade os insultos, as pedras e as ameazas".

"Non tedes outra forma de alcanzar o poder" salvo con "o amedentramiento e a violencia", incidiu. "Menos pedras e máis proxectos", continuou Abascal, quen defendeu vir a Lugo "sen ningún tipo de complexo" o seu proxecto político e sen pedir permiso "á chusma".

"O noso proxecto é confrontar e discutir cos que non saben falar" e insistiu en ninguén os fará "calar". "A nosa patria ten que ser respectada no mundo" e non "humillada en Europa", insistiu, porlo que pediu aos galegos "unha oportunidade" fronte a un Feijoo "ególatra".

"Vox vixiarao" para garantir a liberdade "nesta terra", asegurou, para cenusurar as "enquisas de mentira e da trampa". "Os nosos candidatos estarán no parlamento galego" e serán unha "voz determinante", finalizou.