Alerta laranxa este sábado no litoral da Coruña e Pontevedra pola chegada dun temporal costeiro

Ondada este domingo 4 de novembro en Malpica de Bergantiños
EUROPA PRESS
Publicado: viernes, 16 noviembre 2018 14:32

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 16 Nov. (EUROPA PRESS) -

   A Xunta activou a alerta laranxa para este sábado en todo o litoral das provincias da Coruña e Pontevedra pola chegada dun temporal que podería deixar ondas de entre cinco e seis metros na costa galega.

   A medida foi decretada este venres polo Goberno galego, que recomenda a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras en toda a costa polas previsións do mal estado da mar.

   Así mesmo, tamén chama a extremar as precaucións en toda actividade que se realice na costa e que revisen os amarres das embarcacións nos portos, onde se debe evitar camiñar por diques de abrigo e outras zonas expostas.