Publicado 16/09/2020 18:06:03 +02:00CET

(AM) O Sindicato de Estudantes acompañará este xoves a folga estatal con protestas en Ferrol, Vigo e Ourense

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 16 Sep. (EUROPA PRESS) -

O Sindicato de Estudantes inicia este mércores unha folga en todo o Estado ante a situación que vivien os centros no inicio do curso. En Galicia, a actividade en secundaria non arrincará ata a próxima semana, pero a sección galega da asociación de alumnos apoiará as protestas con varias marchas que se celebrarán en Ferrol, Vigo e Ourense este xoves.

O obxectivo da convocatoria é defender o dereito a unha educación pública presencial, de calidade e con aulas seguras, e para reclamar un plan de investimento masivo para a contratación de profesorado, redución do cociente de almnado e loitar contra a 'fenda dixital'.

"A ministra Isabel Celaá e o Goberno miran para outro lado ante a preocupación crecente das familias e as reivindicacións da comunidade educativa: lávanse as mans e pasan toda a responsabilidade ás consellerías educativas das comunidades autónomas", critican.

Neste sentido, censuran que o Ministerio de Educación "dá luz verde á dereita para que continúe a súa política de privatización e recortes" do ensino público a través dos gobernos autonómicos en lugar de "garantir unhas condicións dignas para volver a clase".

No caso de Galicia, advertiron de que a "marca de de o PP galego" é "a mesma que a dereita a nivel estatal", é dicir, "privatización, recortes e precariedade laboral", unha receita que aplican "tanto ao ensino como á sanidade".

Os estudantes reclaman ao Ministerio de Educación a contratación de 165.000 profesores e plans de reforzo na limpeza dos colexios. Para o sindicato, sería necesario un plan unificado en todo o país e non "repetir o desastre que supuxeron as clases online" do confinamento que "apartaron do sistema a miles de estudantes".

As protestas sairán ás 12,00 horas de Farol de Urzáiz (Vigo), da Subdelegación do Goberno (Ourense) e da Praza España (edificio Xunta) en Ferrol, e tamén participarán nos actos que convoquen os sindicatos docentes o día 23.

Contador

Lo más leído

  1. 1

    Mafalda: Su sabiduría inconformista en 20 frases

  2. 2

    Fallece 'Quino', el creador de Mafalda

  3. 3

    Illa propondrá este miércoles al CISNS limitar la movilidad en territorios con 500 casos Covid-19 por 100.000 habitantes

  4. 4

    El BOE publica la prórroga de los ERTE y de las ayudas para autónomos hasta el 31 de enero de 2021

  5. 5

    El Gobierno obliga a la Comunidad de Madrid a restringir la movilidad en la capital con una orden en el BOE