Arde en Oia (Pontevedra) a furgoneta na que viaxaban seis mozos do País Vasco, que resultaron ilesos

Publicado: sábado, 20 abril 2019 17:58

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 20 Abr. (EUROPA PRESS) -

   Un vehículo tipo monovolume que viaxaba pola PO-552 na provincia de Pontevedra, á altura da localidade de Oia, quedou practicamente calcinado nun incendio que se orixinou co coche en marcha, ao redor das dez menos dez da noite deste venres.

   Segundo informaron a Europa Press membros do GES da Guarda que se desprazaron ao lugar, no vehículo viaxaba un grupo de seis mozos do País Vasco, que estaban de vacacións en Galicia.

   Os bombeiros foron alertados polo 112 Galicia do incendio e cando chegaron ao lugar quince minutos despois, na estrada que une A Guarda con Baiona á altura de Mougás (Oia), os mozos xa abandonaran o automóbil.

   Os mozos relataron que cando estaban a circular co vehículo comezaron cheirar a queimado e ao momento xa se decataron do lume no coche, polo que o abandonaron rapidamente e conseguiron coller as súas pertenzas.

   Os bombeiros sufocaron pouco despois as chamas. Aínda que os mozos resultaron ilesos, o vehículo quedou practicamente calcinado.