29 de Marzo de 2020
 
Publicado 25/03/2020 19:47:41CET

As vítimas do coronavirus en Galicia elévanse a 32 coa morte dun home de 81 anos ingresado na Coruña

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 25 Mar. (EUROPA PRESS) -

   A morte dun home de 81 anos de idade que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) eleva a 32 as vítimas mortais relacionadas coa epidemia de coronavirus en Galicia.

   As autoridades sanitarias informan de que esta última vítima mortal fora diagnosticada de coronavirus e tiña patoloxías crónicas previas.

   Este mércores faleceron outro catro homes, un deles sen patoloxías previas destacadas, que tiña 84 anos de idade e estaba ingresado no Hospital Virxe da Xunqueira, do municipio coruñés de Cee.

   Ademais, morreron dous homes de 82 anos de idade ambos e que estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) e outro home de 74 que era atendido no Hospital Montecelo de Pontevedra.

A XORNADA DO MARTES HOUBO SETE VÍTIMAS

   A xornada do martes foi na que se registraron ata o momento máis víctimas mortais en Galicia en relación á pandemia de coronavirus, coa norte de cinco homes e dúas mulleres, todos eles con patoloxías previas.

   En concreto, o martes feleceron dous homes de 61 e 92 anos de idade e una muller de 83 que estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac); un home de 78 años que permanecía no Hospital Lucus Augusti de Lugo; outro varón de 90 que era asistido no Complexo Hospitalario de Ourense (Chuo); unha muller de 91 años de idade que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (Chuf) e un varón de 83 anos que estaba ingresado no Hospital da Costa, no municipio lucense de Burela.

   A xornada do luns morreron dous homes en relación á pandemia de COVID-19: un de 69 anos de idade que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (Chuf) e outro de 81 anos de idade que estaba ingresado no Hospital Lucus Augusti de Lugo. Ambos presentaban patoloxías previas.

VÍTIMAS DA SEMANA PASADA

   Durante a xornada do domingo faleceron en Galicia cinco persoas en relación á epidemia de coronavirus, entre elas dúas mulleres de 92 e 77 anos de idade na área de Ferrol, a primeira ingresada no Chuf e a segunda no Hospital Juan Cardona. Ambas tamén presentaban patoloxías previas.

   Tamén faleceron durante a xornada do domingo outras tres persoas: unha muller de 90 anos que estaba hospitalizada no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (Chuo), un home de 72 anos que se atopaba no Hospital Quironsalud Miguel Domínguez de Pontevedra e unha muller de 84 anos ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (Chus).

   Pola súa banda, na xornada do sábado 21 de marzo rexistráronse catro mortes relacionadas coa pandemia: unha muller de 68 anos e tres homes de 93, 81 e 74 anos, respectivamente, todos eles ingresados no Chuac e con patoloxías crónicas previas.

   Así mesmo, o venres rexistráronse catro falecidos: dous homes de 70 e 79 anos, respectivamente, tamén ingresados no Chuac; así como unha muller de 93 anos que estaba ingresada no Chuo; e un home de 89 anos de idade que estaba no Hospital de Monforte (Lugo). Todos presentaban tamén varias patoloxías previas.

OUTRAS VÍTIMAS

   O xoves coñeceuse o falecemento da quinta vítima mortal, un home de 75 anos que tamén estaba ingresado no Chuac e que presentaba varias patoloxías crónicas previas. Pola súa banda, a cuarta morte rexistrouse o mércores 18 de marzo, xornada na que faleceu un home de 72 anos tamén ingresado na Coruña.

   Previamente, a terceira vítima mortal en Galicia foi un home de 45 anos de idade que contaba, así mesmo, con patoloxías previas e que tamén estaba ingresado no Chuac.

   Antes faleceu un home de 81 anos con varias patoloxías, ingresado no Hospital Montecelo de Pontevedra, mentres que a primeira morte en Galicia foi a dunha muller de 92 anos, con múltiples patoloxías previas, que estaba ingresada no centro de Povisa, en Vigo.

Contador