A Asociación para a Defensa da Sanidade pública rexeita a Medalla de Ouro de Galicia 2021 outorgada aos sanitarios

Archivo - Arquivo - Sanitario con EPI antes de entrar na UCI
VALDECILLA - Archivo
Publicado: viernes, 23 julio 2021 19:23

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 23 Jul. (EUROPA PRESS) -

   A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública rexeitou a Medalla de Ouro De Galicia 2021, outorgada polo Goberno galego aos profesionais sanitarios que loitaron contra a pandemia de covid-19 e que agora se enfrontan ao reto da vacinación.

   Nun comunicado, a Asociación cualificou de "recochineo" e de "manobra de mercadotecnia política", a concesión desta medalla coa que "se pretende recoñecer o traballo do persoal da sanidade pública durante a pandemia, mentres o Sergas perpetúa unhas condicións laborais de gran precariedade e inestabilidade, e mantén os recortes salariais introducidos a partir do ano 2010".

   "Hai que lembrar que unha das primeiras medidas que adoptou Feijóo á súa chegada ao goberno, foi a de conxelar os salarios ao persoal da sanidade pública galega durante os exercicios do 2010, 2011 e 2012", sinalou a plataforma.

   O persoal sanitario Gallego, segundo apuntou a asociación, esixiu que a Xunta aplicase no sistema sanitario público os 'Acordos de Mellora Salarial e o dereito a Carreira Profesional do persoal laboral e funcionario da Xunta de Galicia', "que segue sen negociar un acordo --na Mesa Sectorial do persoal-- para devolver os recortes salariais e o cinco días de libre disposición, acumulados nese período".

   "A nosa asociación esixe que o Sergas devolva os salarios que o persoal tiña que percibir, para equiparar as súas condicións o resto do persoal da administración pública Galega á media dos demais servizos de saúde do Estado", recalcou a plataforma.