Atopados os cadáveres de dúas persoas, unha en As Pontes e outra en Oza-Cesuras, que levaban días mortos

Publicado: jueves, 23 enero 2020 13:48

A CORUÑA, 23 Ene. (EUROPA PRESS) -

Os cadáveres de dúas persoas, un home e unha muller que levaban días mortos, foron localizados nos muncipios de Oza-Cesuras e As Pontes, respectivamente, na xornada deste mércores, segundo informou a Europa Press a Garda Civil.

No caso do home, trátase dunha persona de 65 anos ao que se localizou na vivenda despois de que a muller que lle tiña alugada a casa dese aviso aos servizos sociais municipais porque facía varios días que non o vía.

Así o precisou a Europa Press o alcalde de Oza-Cesuras, Pablo González, quen asegurou que se deu aviso á Garda Civil. Desde a Benemérita, confirmaron que axentes de Irixoa desprazáronse ao lugar, na mañá do mércores, localizando o corpo do home que non presentaba síntomas de violencia. Agora estase á espera dos resultados da autopsia.

En canto á muller achada morta nas Pontes, explicaron que, após recibir o aviso, unha patrulla accedeu o mércores pola mañá ao interior da casa, situada na rúa Antonio Machado.

Unha vez dentro, achouse o corpo da septuaxenaria no sotáno "con evidencias de que levaba bastante tempo" falecida. "Semanas", apuntaron. Como en anterior caso, estase pendente do resultado da autopsia e, aínda que non se determinaron as causas da morte, confirmaron que non hai ninguna sinal de violencia.