A Cámara acollerá o vindeiro mércores o pleno que designará a Dores Fernández Galiño como nova valedora

Publicado 26/07/2019 14:02:54CET
EUROPA PRESS - Archivo

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 26 Jul. (EUROPA PRESS) -

A Cámara galega acollerá o vindeiro mércores, día 31 de xullo, o pleno extraordinario no que se prevé designar a Dolores Fernández Galiño como nova valedora do Pobo despois da proposta do PP, que contaría co apoio do PSdeG.

A elección desta maxistrada como nova titular da institución debe ser apoiada por unha maioría cualificada, é dicir, tres quintas partes do pleno do Parlamento. Para iso, a proposta dos populares galegos conta co respaldo do Grupo Parlamentario Socialista.

Precisamente, este acordo entre populares e socialistas provocou as críticas do resto de grupos con representación na Cámara galega, que cuestionaron se PP e PSOE repitan "erros" do "bipartidismo" pasado e chamaron a formular unha proposta con amplo consenso para ocular a defensoría galega.

A data deste pleno extraordinario foi fixada este venres pola Xunta de Portavoces, órgano que tamén convocou senllas reunións da Comisión de Peticións e da Deputación Permanente para o vindeiro luns.

(Haberá ampliación)

Contador