Celanova sofre un terremoto que supón o sexto rexistrado en seis días na provincia de Ourense

Publicado 10/08/2019 11:03:09CET

OURENSE, 10 Ago. (EUROPA PRESS) -

O municipio ourensán de Celanova rexistrou un sismo de 3,4 na Escala Ritcher durante a madrugada deste sábado, é o quinto que recolle o Instituto Xeográfico Nacional dende o pasado luns nesta provincia.

Así o rexistrou a institución estatal no seu catálogo sobre sismos na Península, no que informa de que o terremoto se produciu ás 06,08 horas da mañá deste sábado e que foi "sentido" segundo as medicións en base á Escala de Intensidade Macrosísimica.

Pola súa banda, fontes dos bombeiros da Mancomunidade Terra de Celanova aseguraron a Europa Press que non recibiron avisos sobre persoas ou bens afectados.

Contador